Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Catro bandas e unha solista elixidos finalistas no concurso Outra+Outra de Fundación Paideia

O VINDEIRO VENRES 29 DE NOVEMBRO SE CELEBRARá A FINAL NA SALA MALATESTA DE SANTIAGO

Catro bandas e unha solista elixidos finalistas no concurso Outra+Outra de Fundación Paideia

MISCELáNEA | novembro 14, 2019

imaxe non dispoñible

Cinco propostas foron as escollidas como finalistas, entre un total de 36 grupos e solistas inscritos, na 15ª edición do programa Outra+Outra, un certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputación da Coruña. Os seleccionados son dous grupos do concello da Coruña, Inland Valley, mestura de dream pop, indie e alternativo, e Bush Doctors, de roots, reggae, dub reggae, a banda muradá de rock alternativo Maestro, o grupo de indierock Moito! e a solista con sangue brasileira Lau. O xurado, de esta nova edición do concurso, estivo formado pola co-presidenta de IMMF, Patricia Hermida, o director de Ernie Producciones, Josiño Carballo e Carlos Pereiro “Carlangas”. O vindeiro venres 29 de novembro poderemos ver a mostra das bandas finalistas, na audición en directo, que terá lugar na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, de onde sairán os dous gañadores, que gravarán, como premio, nos Estudios Mans da Coruña.

Ligazóns