Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Miudo fest de música para cativos presenta o seu cartel

MOS ACOLLERá A CUARTA EDICIóN DO MIUDO PARA O 14 E 15 DE SETEMBRO

O festival Miudo fest de música para cativos presenta o seu cartel

INFANTIL | agosto 28, 2019

imaxe non dispoñible

Malia que son algúns os festivais de música que engaden actividades para cativos, só existe un en todo o país que está pensado exclusivamente para esa xente estatura media e gustos propios, ese é o Miudo Fest, en Mos (Pontevedra). A cuarta edición deste festival xa ten cartel e terá lugar os vindeiros 14 e 15 de setembro (sábado e domingo) na Sala Rebullón do no Territorio Cultural As Pedriñas en Tameiga. Alí reuniranse algunhas das mellores ofertas musicais para cativos que a escena galega ten, e que demostran ademais a vitalidade desta opción musical no país. A Gramola Gominola é cabeza de cartel na tarde do sábado, compartindo escenario con A Banda dos Insectos, Antón Ke (ukelele de batea ) e o reggae de Elephants Yard. O domingo estarán o mago Marco e Cé Orquestra Pantasma.

Ligazóns