Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O segundo Abride a Fiestra enche de actividade a Casa de Rosalía

CRISTINA PATO, DAVIDE SALVADO, UGIA PEDREIRA, SECHO OU PACO NOGUEIRAS FAN PARTE DO PROGRAMA

O segundo Abride a Fiestra enche de actividade a Casa de Rosalía

MISCELáNEA | xuño 28, 2019

imaxe non dispoñible

Os vindeiros 13 e 14 de xullo a Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón, acollerá a segunda edición de Abride a Fiestra. Este encontro cultural arredor da figura da poeta. Cristina Pato con Roberto Comesaña, Davide Salvado, Ugia Pedreira, Secho, Paco Nogueiras e a Coral de Padrón correrán coa parte musical do evento. Un recital poético colectivo a cargo de Taha Adnan, Serge Meurant, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato ou Yolanda Castaño, visitas guiadas da man de Pedro Feijoo, Pepe Barro, Xosé Ramón Barreiro, Francisco Rodríguez, Carlos Dacal e Olga Novo, presentacións de libros, a proxección do filme Contou Rosalía de Zénit TV, dramatizacións e outras actividades completan un programa que inclúe propostas para todos os públicos.

O festival que organiza a Fundación Rosalía de Castro, co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Padrón, "pretende abranguer todo o que aconteceu arredor de Rosalía e da cultura galega no último ano, facendo especial fincapé na cultura local e nas propostas emerxentes". O evento celebrase con motivo do aniversario do pasamento de Rosalía o 15 de xullo. Nesa xornada desenvolverase unha ofrenda floral no cemiterio de Adina.