Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Atardecer no Gaiás contará con 20 bandas na súa nova edición

CECILIA KRULL ABRE O PROGRAMA NA CIDADE DA CULTURA O VINDEIRO 4 DE XULLO

Atardecer no Gaiás contará con 20 bandas na súa nova edición

MISCELáNEA | xuño 19, 2019

imaxe non dispoñible

Do catro de xullo ao dezasete de agosto unha vintena de bandas participarán na nova xeira do ciclo Atardecer no Gaiás. A Cidade da Cultura en Santiago de Compostela acolle unha nova edición deste programa que reúne algunhas das propostas musicais máis actuais a partir das 21 horas en recitais de balde. Cecilia Krull será a encargada de abrir un programa no que se atopan nomes como Soulmacklein, Ladilla Rusa, Betacam, Floridablanca ou Berta Franklin durante o mes de xullo. Para agosto, pasarán polo escenario nomes como Malraio, Agoraphobia, Las Migas, De Vacas ou Best Boy entre outros.