Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xoán Curiel presenta o libro-cd 'Canta, miña pedra, canta' dedicado a Antonio Fraguas

OS TEMAS BASéANSE NA VIDA E OBRA DO AUTOR E MESTRE HOMENAXEADO NO DíA DAS LETRAS GALEGAS

Xoán Curiel presenta o libro-cd 'Canta, miña pedra, canta' dedicado a Antonio Fraguas

INFANTIL | abril 16, 2019

Curiel_cantaminapedra.jpg

Cun título sacado dunha cantiga recollida preto da casa de Antonio Fraguas, Xoán Curiel presenta o disco Canta, miña pedra, canta (Sonárbore, 2019), un traballo dirixido ao público infantil e baseado na vida e obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Curiel ofrece nas once pezas deste libro-cd un percorrido pola tradición popular recollida en Cantigueiro de Cotobade e tamén con letras creadas para que os nenos e nenas coñezan o mestre galeguista, inseridas en sons que presentan sons tradicionais e outros máis modernos. O disco gravouse en Gourmet Sound estudio e conta con moitas colaboracións nas voces e instrumentos como a de Sérgio Tannus que engade sonoridades do Brasil en dous temas, país traído ao libro porque o pai de Fraguas tivo que emigrar a el. Curiel non dá puntada sen fío e para cada tema do disco acha unha conexión co mestre Antonio Fraguas e a súa obra.

datos do disco