Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Dardos lanza a Xoana no panorama musical galego

A CANTORA DO PORRIñO PRESENTA ESTA NOITE EN COMPOSTELA O SEU DISCO DE DEBUT

Dardos lanza a Xoana no panorama musical galego

POP | febreiro 7, 2019

dardos_xoana.jpg

Con só vinte anos Xoana presenta o seu primeiro álbum en solitario. Inquedanzas Sonoras lanza Dardos, un disco con dez temas en galego no que a reivindicación se mestura con ritmos de jazz, funk ou soul e aires pop. Segundo explica a cantante do Porriño o álbum "xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas". As cancións "terman dunha mensaxe social e expresan queixas directas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos". Geneve escorts Violencia de xénero, emigración, a lingua, a amizade ou o amor preséntase como algunhas das temáticas dos cortes.

A Casa das Crechas acolle esta noite a presentación do álbum en Compostela, nun concerto que se desenvolverá a partir das 21 horas.

datos do disco