Abe Rábade Trío presenta hoxe o novo disco 'Doravante'
xaneiro 18, 2019
Abe Rábade Trío presentan cun concerto hoxe no Circulo de Bellas Artes de Madrid o seu novo traballo discográfico Doravante (Nuba + Karonte Records, 2018). No disco Abe Rábade (piano), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería) ofrecen once temas entre os que abundan as composición do pianista pero onde tamén ahí sitio para a interpretación de pezas tradicionais galegas como Alalá das Mariñas e O paxaro cando chove. Ademais o trío tamén fai seus temas de outros como é o caso Just one of those things de Cole Porter, In love in vain de Jerome Kern ou o tema de pehe do álbum, Hasta siempre comandante, no que o trío de jazz interpretan o tema de carlos Puebla y sus Tradicionales. O disco ábrese coa singular peza Revolutionary, na que Rábade pon música a unha entrevista realizada á activista norteamericana antirracista e feminista Angela Davis en 1970. Doravante xa está dispoñible desde hoxe nas plataformas dixitais e á venda en tendas físicas e dixitais. O concerto de presentación enmárcase no ciclo Jazz Círculo e comezará ás 21:30 horas.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 4/ 2019 | Xacobe Martínez Antelo presenta 'Capturas'
- 10/ 11/ 2016 | Abe Rábade Trío volve con Once
- 19/ 10/ 2016 | Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas
- 30/ 4/ 2015 | Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
- 10/ 3/ 2014 | Pablo Seoane Trío chega desde a Inópia