Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Gabriel Peso presenta un proceso de percorrido vital en 'Travesía'

O PIANISTA COMEZA HOXE UNHA XIRA GALEGA EN FORMATO TRíO CON ESTE SEGUNDO TRABALLO

Gabriel Peso presenta un proceso de percorrido vital en 'Travesía'

JAZZ/BLUES | decembro 4, 2018

Gabriel_Peso_Travesia.jpg

Cinco anos transcorreron desde o primeiro disco de Gabriel Peso (Sinapsis, Estudios Mans 2013) e o pianista pontevedrés aproveitou ese tempo para traballar acompañando a outros artistas nas súas xiras, en obras de teatro e musicais, para a televisión e viaxar. Desa viaxe de cinco anos xurde agora este novo traballo Travesía (Xingra, 2018) para o que elixe un formato de trío acompañado por Miguel Asensio á batería e David Ruíz ao contrabaixo. Dez temas de jazz e fusión nos que, segundo Peso, se deixa ver claramente a influencia da súa orixe galega “na esencia e no aroma” así como nunha rítmica característica das nosas músicas, incluíndo especificamente no disco unha xota ( Jota de Peso)creada como homenaxe aos seus avó e pai e na que participa este último colaborando á gaita. O disco foi obxecto de mestura e masterización en Nova York da man do enxeñeiro Dave Arlington, que ten traballado con grandes nomes da música mundial. O músico comeza hoxe unha mini xira galega con este traballo no club Dado Dada Jazz, de Santiago, ás 22 horas. Mañá mércores o trío estará no Vitruvia Café de Vigo e o xoves estarán no Café Latino de Ourense. Outor local indispensable do circuíto do jazz den Galicia, o Jazz Filloa da Coruña pechará esta xira o sábado ás 22 horas.

datos do disco