Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A gala Ari(t)mar reunirá á Banda da Loba e Salvador Sobral en Compostela
A gala Ari(t)mar reunirá á Banda da Loba e Salvador Sobral en Compostela
outubro 5, 2018
Os Premios Ari(t)mar, que convoca cada ano a Escola Oficial de Idiomas a recoñecer os mellores poemas e cancións de Galicia e Portugal, teñen xa preparada a súa gala. O vindeiro 31 de outubro o Auditorio de Galicia acollerá este evento, presentado por Carlos Meixide e Iria Pinheiro, no que se presentarán e actuarán os galardoados. Deste xeito, no ámbito musical, estarán presentes A Banda da Loba, vencedora entre as cancións galegas con Bailando as rúas, e mais o portugués Salvador Sobral, que se impuxo co tema creado coa súa irmá Luísa e co que se impuxo en Eurovisión, Amar pelos dois.
No apartado poético, recitarán o lugués Lois Pérez, vencedor entre os autores galegos con Blues do rei Bergman = B.B. King, e mais Alexandre Brea, que se impuxo entre os textos en portugués con Com o ritmo da chuva. Tamén estarán presentes na gala representantes da Embaixada da amizade galego-lusófona: Convergências Portugal Galiza, recoñecida co premio especial do xurado.