Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Espazos Sonoros presenta a súa XI edición

OITO ESPAZOS FAN PARTE DO PROGRAMA DE CONCERTOS VENCELLADOS AO PATRIMONIO

Espazos Sonoros presenta a súa XI edición

ANTIGA | xullo 12, 2018

imaxe non dispoñible

O campamento romano de Ciadella, a igrexa de San Xiao de Moraime, a fortaleza da Frouseira, a illa de Sálvora, a Casa Grande de Trasalba, Santa María de Baiona, San Martiño de Mondoñedo ou San Pedro Fiz do Hospital son os espazos que acollerán a XI xeira do ciclo Espazos Sonoros. Os xa habituais concertos de música antiga en espazos de interese patrimonial desenvolveranse este ano as fins de semana de setembro e fecharán o día 7 de outubro. Para alén dos recitais, haberá tamén visitas guiadas e rutas para coñecer os contornos dos lugares.

Entre os intérpretes atópanse nomes como a Capella Sancta Maria, especializada na música do Renacemento, o cuarteto de música de cámara M.Sancho Quartet, o trío de frautistas austríacas Vivid Consort ou o conxunto Romanza, encargado do concerto de clausura cun repertorio baseado nas cantigas de Martín Códax.