Magín Blanco convida pasear os seus Camiños
decembro 1, 2017
Trece novas cancións acompañadas de contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai ou María Lado entre outros autores e autoras do país. Esta é a proposta que realiza Magín Blanco en Camiños, o seu novo libro-CD para público familiar. O volume de 68 páxinas, editado por Fol con ilustracións de Leandro Lamas, foi gravado no estudio Casa de Tolos. Unha variedade de ritmos acompañan temas líricos nos que se mesturan atmósferas electrónicas, rock ou coros de alumnos de primaria con colaboracións como as de Héctor Lorenzo ou De Vacas. Os textos da cancións son da autoría de Blanco, agás no caso de Paxariño novo, que adapta unha letra de Valle-Inclán. O músico presentará o seu traballo este sábado 2 de decembro ás 11:00h no Culturgal.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 6/ 2014 | San Xoán Pequeniño volta encher A Coruña de actividades para os máis novos
- 21/ 5/ 2012 | Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco
- 30/ 5/ 2008 | Magín Blanco e Burgas Beat encáixanse nun proxecto común
- 24/ 9/ 2007 | Magín Blanco presenta o seu novo disco en solitario
- 6/ 6/ 2006 | Dez anos despois do seu anterior álbum Magin Blanco saca novo disco