Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / 'Hemisferios' reúne a oito voces femininas nun espectáculo reivindicativo
'Hemisferios' reúne a oito voces femininas nun espectáculo reivindicativo
novembro 24, 2017
As cantantes Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía, Sonia Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey e Alba Rodríguez subirán hoxe ao escenario do Teatro Colón da Coruña no espectáculo Hemisferios impulsado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. O espectáculo nace dunha acción reivindicativa cunha canción interpretada por 8 mulleres arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e preséntase como un concerto único este venres, véspera do Día Internacional contra a Violencia Machista. Cada artista interpretará unha canción do seu repertorio e xuntas cantarán o tema Hemisferios.
A gala terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Colón e está deseñada pola directora e dramaturga Cristina Domínguez e será conducida pola cantante, compositora e improvisadora Alba María que é tamén a autora da canción co mesmo nome. "A unión destas mulleres deume a idea de titular Hemisferios, dúas partes que se unen na mesma luz. Está a idea de igualdade, comuñón co resto das mulleres que forman este mundo e defende a idea das mulleres como poderosas, donas de si mesmas e conscientes da súa posición no mundo", anotou Alba María na súa intervención en que definiu Hemisferios como a "canción e a gala da sororidade". "É un espectáculo que representa as mulleres creadoras no campo da música", explicou a responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. A entrada é de balde con retirada previa de convites.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 9/ 2014 | tUnE-yArDs e Ólöf Arnalds protagonizan o Voces Femininas 2014
- 13/ 12/ 2012 | Cantigas de mulleres achega unha escolma de voces femininas
- 14/ 11/ 2008 | O festival Voces femininas xunta en Vigo catro promesas da música
- 6/ 6/ 2007 | Reúnense en Bruxelas tres voces galegas femininas de primeira fila no espectáculo “Ida e volta”