O novo festival Beatout de cultura urbana xa ten cartel
xullo 27, 2017
O recinto EXPO Coruña acollerá o 1 de setembro o festival Beatout, primeira edición dun evento arredor da cultura urbana e o hip-hop. Co obxectivo de repetir a cita anualmente e convertir o Beatout nunha referencia no eido musical da cultura urbana o festival ven de presentar xa o cartel da súa primeira edición e sacar á venda as entradas anticipadas. Nove actuación conforman a súa oferta comezando na parte alta do cartel con C Tangana, rapero máximo exponente do Trap; Hard GZ; o dúo Ayax y Prox; Dellafuente e Denom. Tamén estará neste 1ºBeatout Kidd Keo; Fernando Costa e Reels B.