Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Abraham Cupeiro presenta a banda sonora da Muralla de Lugo

O COMPOSITOR E INSTRUMENTISTA REUNIU EN 'O ANEL DE PEDRA' INSTRUMENTOS TRADICIONAIS COA REAL FILHARMONíA DE GALICIA

Abraham Cupeiro presenta a banda sonora da Muralla de Lugo

CLáSICA/LíRICA | xuño 22, 2017

imaxe non dispoñible

O multiinstrumentista, compositor e construtor de instrumentos históricos Abraham Cupeiro, presentará hoxe ás 20:30 horas no Cárcere Vello de Lugo o disco da “banda sonora da Muralla de Lugo”un agasallo persoal á cidade. En colaboración coa Real Filharmonía de Galicia e o grupo de percusión Odaiko Percussion Group, Cupeiro compuxo esta Banda Sonora que leva por título O anel de pedra. Nesta presentacion en formato dixital desta Banda Sonora, o artista ademais fará unha demostración de instrumentos que utilizou nela o mesmo tempo que se proxectarán vídeos do making of coa Real Filharmonía de Galicia. Cupeiro destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx , unha trompeta celta da Idade de Ferro, que tamén usa nesta composición así como outros instrumentos musicais antigos recuperados e construídos por el como a frauta de oso ou o corno romano dándolle máis realismo histórico ao resultado final na recreación do ambiente. Abrahan Cupeiro tamén presentará en setembro deste ano a gravación Os Sons esquecidos , realizada coa RFG e na mesma liña que este traballo en canto a recuperación e mestura de instrumentos tradicionais. A entrada á presentación de hoxe é aberta e de balde.

datos do disco