Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura no Camiño levará actividades culturais a 98 concellos

O PROGRAMA DA AGADIC COMEZOU A SúA ACTIVIDADE ESTA FIN DE SEMANA E DESENVOLVERASE ATA SETEMBRO

Cultura no Camiño levará actividades culturais a 98 concellos

MISCELáNEA | abril 17, 2017

imaxe non dispoñible

Este sábado 15 de abril botaba a andar a quinta edición de Cultura no Camiño, o programa co que a Axencia Galega das Industrias Culturais leva iniciativas escénicas e musicais a concellos polos que transcorren as vías de peregrinación. Nesta nova xeira, a proposta inclúe un total de 371 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 189 formacións do país. As actividades desenvolveranse ata o vindeiro 30 de setembro en 98 concellos, un menos do que na anterior edición. Fan parte do programa actividades para todas as ideades, desde o teatro e a música para o público máis cativo con formacións como Caramuxo Teatro ou Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai!, ata propostas máis adultas como Perplexo de Ilmaquinario Teatro ou a música de formacións como Agoraphobia. Os Sete Magníficos+1, Elefante Elegante, o Mago Teto, Viravolta Títeres, Fantoches Baj, Gelria, O sonoro maxín, Faltriqueira, A Banda da Balbina ou Xosé A. Touriñán son outros nomes que fan parte do programa e que actuarán en teatros, centros culturais e rúas de todo o país.