Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nigrán terá festival de música indie o primeiro verán sen Portamérica

VIVE NIGRáN CELEBRARASE A úLTIMA FIN DE SEMANA DE AGOSTO XUNTO A PRAIA AMéRICA

Nigrán terá festival de música indie o primeiro verán sen Portamérica

INDIE | marzo 29, 2017

imaxe non dispoñible

En xaneiro coñeceuse que o festival PortAmérica se trasladaba este ano a Caldas e deixaba atrás o seu emprazamento inicial en Nigrán, no parque empresarial de Porot do Molle. Esta circunstancia sen embargo non deixará a Nigrán sen unha cita musical de verán e ven de confirmarse a celebración dunha nova cita, o festival Vive Nigrán, co que pechará o mes de agosto. Os días 26 e 27 de agosto, un sábado e un domingo, celebrarase este evento que ofrecerá un cartel de música “indie” no campo de fútbol de Praia América. Vive Nigrán insírese no circuíto de festivais en na campaña RiasBaixas Fests da Deputación provincial que o financiará en parte. O festival, do hoxe informa en detalle El Faro de Vigo, estára organizado pola produtora viguesa la10@planta, dirixida polo músico Juan Rivas. Ademais de música o festival ofrecerá actividades tamén para cativas e outras ofertas habituais deste tipo de eventos como postos de mercado e de comida.

A Presidenta da deputación Provincial de Pontevedra presentou as novidades dos RiasBaixas Fests, campaña na que este ano ademais do Vive Nigrán engádese de xeito puntual unha gran festa de peche da campaña en Cambados o 9 de setembro co gallo da Capitalidade Europea do Viño desta localidade. Á marxe da música, Silva adiantou que este ano os RíasBaixasFests teñen dous acenos de identidade transversais: a igualdade (mediante campañas contra a violencia de xénero e acoso sexual pero tamén de potenciación dos grupos femininos e a visibilización da muller neste sector) e o turismo sostible (campañas de concienciación e correcta xestión dos residuos, a través de campañas e da figura de voluntario verde).