Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ezetaerre desembarca con Aspiracións mínimas e urxentes

A BANDA PUBLICOU NUN Só DíA OS VIDEOCLIPS DOS OITO TEMAS DO SEU áLBUM DE DEBUT

Ezetaerre desembarca con Aspiracións mínimas e urxentes

HIP-HOP | febreiro 24, 2017

aspiracions_minimas_urxentes_ezetaerre.jpg

Oito videoclips en simultáneo. Este é o espectacular xeito co que a banda Ezetaerre optou por presentar o seu primeiro disco Aspiracións mínimas e urxentes. Versións audiovisuais de todos os temas do álbum están xa dispoñibles na canle de Youtube deste trío de rap combativo en galego formado por Garchu, Pirola e Petrowski. A colonización de Latinoamérica, a audiencia nacional, a situación de Palestina ou a precariedade laboral danse cita nas temáticas duns temas que se acompañan de samplers de Yann Tiersen, Los Panchos, José González, temas árabes ou influencias folk. O proxecto, gravado por Iago Pico en Pousada Son Studios sae á luz baixo o selo Santa Guerrilla. A compostelá Sala Capitol acolle o vindeiro 3 de marzo a presentación do proxecto nun concerto con Nao.



datos do disco