Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Guerrera presenta o seu terceiro álbum

O áLBUM PóDESE ESCOITAR DESDE HOXE EN STREAMING E CONTARá CON EDICIóN EN VINILO

Guerrera presenta o seu terceiro álbum

ROCK | novembro 14, 2016

guerrera_guerra_2016.jpg

Dous anos despois do seu Mauna Loa, Guerrera presenta o seu terceiro álbum, que bautizou co seu propio nome. A revista Rockdelux ten dispoñible desde hoxe para escoita en streaming o novo proxecto, no que o grupo galego achega catro novos temas. O vindeiro 18 está previsto o lanzamento da edición física, nun duplo LP. Arden cruces muertas, Mecánica certeza, Calixe e Abakuá son os títulos cos que o cuarteto amosa que está en plena forma e que continúa a súa aposta pola psicodelia, nesta ocasión a render homenaxe ao poeta Milton. O grupo visitará Compostela o vindeiro 19 de novembro para presentar este traballo no marco da festa Mataparty. A maiores, prevé concertos en Pontevedra (9 e 10 de decembro), A Coruña (16 e 17), Vigo (30), Ourense (13 de xaneiro) e Lugo (14).

datos do disco