Abe Rábade Trío volve con Once
novembro 10, 2016
Como unha coprodución entre Karonte e o selo Nuba chega o décimosexto traballo de Abe Rábade Trío. A formación que completan Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería exploran en Once reinterpretacións de clásicos galegos, como a que fan de A bruxa de Milladoiro, ou internacionais, como Smoke gets in your Eyes. Canda a eles, temas orixinais como a homenaxe a Paco de Lucía en Once para Paco. De novo, jazz instrumental, melódico e elegante confirman o bo facer dunha formación que é referente neste estilo en Galicia. O grupo está neste mes de novembro inmerso na xira de presentación do novo traballo, que os levará a escenarios do Festival de Jazz de Arnedo, Sevilla, Madrid ou O Porto.
Tamén che pode interesar:
- 30/ 4/ 2015 | Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
- 14/ 2/ 2007 | Berrogüetto faise co premio da Crítica de Alemaña e Abe Rábade Trío recibe dous galardóns polo seu último disco
- 17/ 12/ 2002 | O Abe Rábade Trío representa a Galicia no Festival Internacional de Jazz da Habana
- 22/ 1/ 2002 | Abe Rábade Trío presenta “Simetrías” o seu segundo disco