Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Aphonnic continúan Indomables

A BANDA PRESENTA O SEU QUINTO TRABALLO DE ESTUDIO

Aphonnic continúan Indomables

ROCK | novembro 7, 2016

indomables_aphonnic.jpg

Superar os 15.000 euros nunha campaña de crowdfunding que só pretendía recadar 10.000 amosa o apoio que suscita Aphonnic entre os seus fans. O grupo presenta, como resultado esta iniciativa Indomables, quinto traballo xa dos vigueses, que continúa a apostar por un rock enérxico e visceral. A banda achega once novos temas onde non faltan cancións con vocacións de himno como Ombligos, propostas nas que se atinxen novas cotas de enerxía como o tema Fruta fresca ou achegamentos á electrónica como La deseada. O proxecto gravouse nos Estudios Mafia do Carballiño e sae á luz da man de Maldito Records tanto en formato físico, a incluír edición en LP, como dixital.

datos do disco
Ligazóns