Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Agoraphobia anuncia unha intensa xira para este outono

O GRUPO ACHEGARá 17 CONCERTOS ANTES DE SE FECHAR PARA A GRAVACIóN O SEU PRIMEIRO LP

Agoraphobia anuncia unha intensa xira para este outono

ROCK | setembro 8, 2016

imaxe non dispoñible

Un total de 17 concertos por todo o estado durante tres meses. Esta é a proposta que fai Agoraphobia no seu Brave Faneca Tour, unha intensa xira que arrincará o seis de outubro en Tenerife e rematará en Córdoba o 10 de decembro. Entremedias, a viaxe inclúe paradas en terras galegas, con recitais en Ferrol (21 de outubro), Culleredo (28 de outubro), A Coruña (5 de novembre) e Compostela (26 de novembro). Logo de rematar esta intensa rolda de concertos, Susana, Paula, Lu, Aislinn e Sabela fecharanse no estudio para gravar o que será o seu primeiro LP, logo do éxito acadado cos seus dous EPs Dirty litlle things e Ready to play, publicado o pasado ano. A xira conta co apoio do programa Artistas en Ruta de AIE, da Agadic e da axencia de management Dotbeat, que representa o grupo.