Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xardín Desordenado homenaxea as poetas en Aprendedo a ladrar

O GRUPO MUSICA TEXTOS DE DEZASETE AUTORAS DO PAíS

Xardín Desordenado homenaxea as poetas en Aprendedo a ladrar

MELóDICA | setembro 16, 2015

aprendendo_ladrar_xardin_desodernado.jpg

Nado co obxecto musicar textos de poetas galegos, o grupo Xardín Desordenado continúa con esta teima no seu segundo disco. Aprendedo a ladrar, que acaba de ver a luz, preséntase como unha homenaxe ás autoras de lírica do noso país. Un total de dezasete temas percorren deste clásicas como Rosalía ata nomes contemporáneos como Carmen Krukemberg, Marica Campo, Marta Dacosta, Luz Pichel, Enma Pedreira, Yolanda Castaño ou Maria Lado. Gravado nos estudios Villa Angelina de Vigo, o disco ve a luz grazas ao éxito dun crowdfunding promovido polo grupo. Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, David Outumuro, Blas Segura e Lorenzo Boo son os responsables desta iniciativa, que se presenta mañá xoves no auditorio Afundación da Coruña e o venres no de Vigo.

datos do disco