Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un libro disco recupera o traballo de Siderio de Vilarmide

A EDITORIAL CANELA PUBLICA O VOLUME DEDICADO A ESTE MúSICO DA PONTENOVA

Un libro disco recupera o traballo de Siderio de Vilarmide

FOLK | xullo 1, 2015

desiderio_vilarmide_ed_canela.jpg

Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide é o título do libro-CD que acaba de presentar a editorial Canela. A obra explora o traballo deste investigador e intérprete da música tradicional que desenvolveu a súa actividade desde A Pontenova. A música de tradición oral conservada e interpretada por este músico, a súa biografía, repertorio e técnica, os artesáns que elaboraron os seus instrumentos ou o estudo da música de gaita na zona son algúns dos temas que se tratan. O volume inclúe textos de especialistas como Pablo Quintana, Daniel Carballo, Pablo Carpintero ou Luis Correa O Caruncho, ademais de fotografías de Vicente Ansola entre outras tiradas de diferentes arquivos. O estudo complétase cun CD no que o propio Siderio interpreta, canda a Constante de Valiña e Modesto de Murias 21 temas tradicionais inéditos ata o momento.

datos do disco