Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sés comeza a Tronzar os valos

A CANTANTE ADIANTA VARIOS TEMAS DO SEU NOVO TRABALLO

Sés comeza a Tronzar os valos

POP | marzo 11, 2015

tronzar_os_valos_ses.jpg

O vindeiro 24 de marzo sae á venda da man de Fol Música o novo disco de María Xosé Silvar Sés. Tronzar os valos propón doce novos temas nos que se atopan blues, rock e ritmos latinoamericanos coa voz inconfundible e comprometida da cantante. De xeito previo ao lanzamento, están a se facer públicos os tres primeiros singles. Así, a Tronzar os valos e Opio barato, xa dispoñibles nas redes, seguirá o vindeiro 17 de marzo 2000 anos máis. A xira de presentación comezará o vindeiro día 27 no teatro Afundación de Vigo, e continuará o 28 no Pazo da Cultura de Narón.

MULTIMEDIA
Tronzar os valos de Sés
datos do disco