Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Is It In You? é o prometedor debut de Puma Pumku

O GRUPO COMPOSTELáN EDITA CON MATAPADRE O SEU PRIMEIRO TRABALLO DISCOGRáFICO

Is It In You? é o prometedor debut de Puma Pumku

POP | novembro 26, 2014

isitinyou_pumapumku.jpg

Con preestrea en Rockdeluxe o quinteto compostelán Puma Pumku debuta da man de Matapadre con Is it in you?. Logo do seu EP de presentación e de completar unha exitosa campaña de crowdfunding, o grupo lanza agora unha colección de temas nos que a psicodelia e as atmósferas con ecos dos anos sesenta continúan a predominar. O álbum preséntase en dúas edicións, unha para os patrocinadores do proxecto, en vinilo de cor con dez temas, e outra baixo o selo Matapadre, que unicamente recolle nove. A gravación realizouse da man de Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño de Triángulo de Amor Bizarro no seu propio estudio. O grupo inicia agora a xira de presentación do traballo, que os levará o 28 de novembro a sala madrileña Siroco, o 12 de decembro á Fundación SGAE de Compostela, e o 3 de xaneiro a El Pueblo (Ourense).

MULTIMEDIA
Is it in you? en Bandcamp
datos do disco