Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música con Risco enche Allariz de música galega

DIFERENTES ESPAZOS DA VILA ACOLLERáN TRECE CONCERTOS AO LONGO DUN ANO

Música con Risco enche Allariz de música galega

MISCELáNEA | novembro 21, 2012

imaxe non dispoñible

César Morán dá a saída, o vindeiro 24 de novembro a Música con Risco, un programa musical que achegará a Allariz trece concertos de artistas galegos. O proxecto, promovido pola Fundación Risco e o Concello coa colaboración de case unha vintena de locais e entidades, prolongarase ata outubro de 2013 e inclúe propostas como as de Pel de noz, Ugia Pedreira e Fred Martins, O Leo i Arremecághona, Ses ou Resonet. Restaurantes, cafetarías, bares e diferentes locais da vila acollerán os recitais.

DOCUMENTO