Delahoja volta con Más difícil todavía
novembro 13, 2012
Logo de 17 anos de carreira, o grupo pontevedrés Delahoja lanza hoxe, da man de Sony Music, Más difícil todavía. O álbum presenta dezaseis temas e dous bonus track de hip-hop que mesturan árabe e castelán, no estilo habitual do grupo. Entra as novidades, colaboracións de altura como as do grupo Cypress Hill (en La conexión) ou de membros de The Fear Factory ou Kie, entre outros, nun traballo que amosa un son elaborado e un importante traballo de produción. A FNAC da Coruña acolle hoxe mesmo a presentación oficial deste proxecto. O grupo confirmou xa a súa presenza na vindeira edición do festival Viña Rock.
O álbum, que foi gravado en WM Estudios, en Cádiz, sae á luz na edición normal e máis nunha caixa que inclúe agasallos como unhas gafas, un pendrive cos temas, fotografías e as letras dos temas.