Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ugía Pedreira e Fred Martins funden os seus repertorios en Acrobata

O DISCO FOI PRESENTADO NO COMPOSTELáN PARQUE DE BELVíS, ONDE REPITEN EXPERIENCIA ESTA TARDE

Ugía Pedreira e Fred Martins funden os seus repertorios en Acrobata

MELóDICA | xuño 3, 2011

not_19046.jpg

Desde que se coñeceron en 2008 en Río de Janeiro, Ugía Pedreira e Fred Martins iniciaron unha frutífera colaboración que se acaba de concretar en Acrobata. Trátase do primeiro traballo discográfico común que revisa a conexión galego-portuguesa-brasileira, e para o que contaron coa achega de numerosos colaboradores como Pedro Pascual. O disco chámase Acrobata, en homenaxe á ave do litoral de Baía que está en perigo de extinción. O Centro de Interpretación Ambiental do Parque de Belvís en Santiago acolleu onte o primeiro dos concertos de presentación e que repiten esta tarde. “Acrobata” foi gravado nos Estudios Beograd, o Auditorio de Galicia e o Conservatorio de Ourense. As gravacións adicionais foron feitas por Quim Farinha, Luis Peixoto, Germán Díaz, Marcelo Martins e Marcos Suzano. Este traballo está producido e dirixido musicalmente por Pedro Pascual, misturado e masterizado en Savik Sound (Caritel-Ponte Caldelas).

MULTIMEDIA
Acrobata
acrobata - Fred Martins e Ugia Pedreira by escoita.me
MULTIMEDIA
depressa a vida passa
depressa a vida passa - Fred Martins e Ugia Pedreira by escoita.me
datos do disco
Ligazóns