A OBRA RECOLLE OS CONCERTOS QUE SE CELEBRARON EN COMPOSTELA O PASADO MES DE XUñO
Narf e Manecas Costa publican o disco en directo Aló irmao!
xuño 10, 2010
Doce temas gravados ao vivo os días 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Compostela e mais un DVD con aquela actuación. Esta é a proposta que fan o galego Fran Pérez Narf e mais o guineano no disco Aló irmao!, que presentaron onte e que xa está dispoñible nas tendas. O proxecto foi producido por Nordesía e editado por Falcatruada, e amosa a fusión de estilos entre estes dous músicos que xa se puido ver en directo por boa parte do país.
VIDEO | Esta noite
VIDEO | Aló Irmao
Tamén che pode interesar:
- 12/ 9/ 2013 | Narf canta a Rosalía
- 14/ 3/ 2008 | Uxía Senlle presenta en concerto o seu novo disco en Compostela
- 19/ 11/ 2007 | Narf reúne no seu segundo disco a experiencia de vinte anos coa guitarra nas costas
- 22/ 2/ 2006 | O gaiteiro Iván Costa interpreta todos os instrumentos e leva a produción no disco “Ávrego” editado por Cumio
datos do disco