Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Arturo Vaquero e outros dous dj's lucenses crean unha discográfica dixital
Arturo Vaquero e outros dous dj's lucenses crean unha discográfica dixital
abril 28, 2010
Frisco Taibo, Marcos Peón e Arturo Vaquero distribuirán baixo o selo Tullido Records nos principais portais de Internet as súas producións musicais e as de outros artistas dos pratos e a electrónica. Dúas delegacións, unha en Galicia e outra en Suíza xestionaran a nivel global unha carteira de creadores de música House e electrónica chea de nomes recoñecibles do xénero como Guru Josh Project, Ricardo Reyna, Jesse García ou Daddy´s Groove entre outros. Todas as sesións e composicións venderanse e promoveranse a través dos mellores portais, como Beatport. Arturo Vaquero é un recoñecido artista da música electrónica baixo o nome de Humanoid e como produtor é o creador dos afamados estudios de gravación Abrigueiro.