Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xil Ríos presenta o seu novo disco, Son da alma

É O TRABALLO NúMERO 27 DA CARREIRA DO MOAñéS

Xil Ríos presenta o seu novo disco, Son da alma

MELóDICA | abril 9, 2010

not_16647.jpg

Despois de cinco anos sen entrar a gravar novas cancións Xil Ríos presentan en directo na TVG os temas do seu novo traballo producido por AiraPro. O artista moañés presentará os temas de Son da alma, no programa Luar da TVG. O escenario perfecto para a posta de longo do seu novo traballo, unha mestura de ritmos caribeños, sons acústicos e retranca galega. Xil Ríos interpretará varios temas do disco, incluído o primeiro sinxelo, Xa Caerá, do que ten gravado un videoclip. Xil Ríos leva case 40 anos no mundo da música, desde que en 1971 participou no festival Bahía de Vigo até hoxe, pasando polo seu maior éxito, Xirarei, un tema que gravou xunto a Juan Pardo en Londres a principios dos 80 e que se converteu nun dos grandes clásicos da música popular galega. Son da alma foi gravado no estudo Casa de Tolos, en Gondomar, e producido por Segundo Grandío.

datos do disco