Donatore di Groove publican o seu primeiro disco Dios es sixty
marzo 4, 2010
Tras un primeiro EP de catro temas en 2005 e a súa exitosa colaboración con Juan Rivas co disco Un mundo feliz e a xira correspondente desde o 2007, a banda de acid-jazz Donatore di Groove ven de seacar ao mercado o que é o seu primeiro disco de longa duración. Dios es sixty (SUL Producciones, 2009) esta xa desde onte á venda en tendas e na rede e ofrece doce temas de composición propia e unha versión do tema central da película francesa Un hombre y una mujer (Un homme et une femme, 1966), icona da época á que se refiren no título do álbum. Os Donatore di Groove fórmanse como grupo en Vigo no 2002, en base a integrantes da banda Cinnamon Gum, o cuarteto está actualmente formado por Iván Salgado, órgano Hammond; Isaac Garabatos, guitarra; Jean Marc Van Loo, baixo e David Outumuro, batería. A súa pouco común proposta musical baséase nun son “retro” de tintes jazz-funk, de tendencias sixties e con groove enérxico apoiado no característico órgano Hammond.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 7/ 2009 | Mugardos e Keresú publican un disco en galego e guaraní
- 14/ 9/ 2007 | Juan Rivas participa con dous temas de “Mundo feliz” na banda sonora da película Babykiller
- 24/ 4/ 2007 | Juan Rivas enche o seu cuarto disco con colaboracións estelares dalgúns dos seus ídolos musicais
- 12/ 4/ 2006 | Dios Ke Te Crew publica o álbum "Xénese", primeiro disco de hip hop integramente en galego
- 17/ 11/ 2003 | O grupo ourensano Los Suaves publican o seu décimoquinto álbum co título “Si yo fuera Dios”.