Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Cuarteto Caramuxo amosa en Tiruriru o pracer de facer música

A BANDA RESULTOU GAñADORA DO FESTIVAL FOLK CANCIONEIROS DA FUNDACIóN BARRIé NO 2008

O Cuarteto Caramuxo amosa en Tiruriru o pracer de facer música

FUSIóN | outubro 27, 2009

not_15651.jpg

Catro clarinetes, un acordeón e a percusión unidos no escenario reinterpretando melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González, Ernesto Campos) feitas expresamente para o grupo e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop. Esta é a receita musical coa que o Cuarteto Caramuxo acadou por unanimidade o premio do Festival Folk Cancioneiros organizado no ano 2008 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e a mesma que agora ofrecen no seu primeiro disco Tiruriru (Falcatruada). Trece temas conforman este CD gravado ao vivo nos meses de xullo e agosto nos Estudios Abrigueiro, de Arturo Vaquero, que realizou a masterización e a mestura en colaboración con Jahel Piñeiro. A música de Tiruriru pódese adquirir tamén en formato dixital, a través das mellores tendas da rede. É o caso de Itunes, Amazon, eMusic, etc. De igual xeito, poderase escoitar a través dos servizos habituais de streaming como Spotify, LastFM, Deezer…

Cuarteto Caramuxo
VIDEO | Tiruriru - Promo
datos do disco