Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A banda Invivo presenta o seu primeiro disco Introvisión

O GRUPO RESULTOU GAñADOR NO TERCEIRO CERTAME MILLAROCK

A banda Invivo presenta o seu primeiro disco Introvisión

ROCK | xullo 2, 2009

not_15038.jpg

A banda compostelá de metal cru INVIVO edita coa empresa valenciana Producciones Malditas o seu primeiro longa duración, INTROVISIÓN. O disco físico aparece distribuído en tendas por Lonxa Cultural e en formato dixital a través de Maldito Digital. Consta de 13 temas propios gravados e mesturados por Yago Pico en Pousada Son Studios de Ames e masterizados por Peter In de Betou en Tailor Maid Studios de Suecia . O grupo gañou recentemente o III Festival Millarock conta con outras gravacións anteriores para os discos colectivos Apostolocausto (2007) e Derrameidea (2008). Invivo formouse a primeiros de 2006 polos músicos veteranos da escena metal e rock galega Ricardo González (batería), Mario César (voz e guitarra), Roberto Couto (guitarra) e Roberto Filgueira (baixo e coros).

Tamén che pode interesar:

datos do disco