Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo

ALFAIAS ACHEGA 11 TEMAS POP CON LICENZA CREATIVE COMMONS

Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo

POP | maio 7, 2009

not_14644.jpg

Xa está na rúa (e na rede) o terceiro disco do dúo compostelán Fanny + Alexander. Seguindo na súa liña pop, Alfaias achega once temas que van do electrónico ao acústico e que contan con letras dalgunhas das máis destacadas voces da poética galega actual. Mario Regueira, Emma Couceiro, Yolanda Castaño ou Daniel Salgado son algúns dos autores que se integran no proxecto. En canto a son, o disco conta coas colaboracións de Martin Wu de The Homens, Carlos Valcárcel de Projecto Mourente ou Alex Charlón de Ataque Escampe. Alfaias está editado baixo licenza Creative Commons e pode descargarse de balde no web A Regueifa Plataforma ou adquirise neste mesmo web e en tendas.

VIDEO | Espida de credo
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Autopoética in progress Licenza
Adaptación dun poema de Daniel Salgado
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Toda esa enerxía escura Licenza
Adaptación dun poema de Estíbaliz Espinosa
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Mans abertas e ollos pechados Licenza
Adaptación dun poema de Alberte Momán
datos do disco