Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O disco Diacronías de Lizgairo gaña o VIII Premio Opinión de folk

O DEBUT COMO TRíO DOS VETERANOS MúSICOS VENCEU POR UN Só VOTO AO DISCO DE UXíA

O disco Diacronías de Lizgairo gaña o VIII Premio Opinión de folk

FOLK | xaneiro 30, 2009

not_12299.jpg

O xornal La Opinión ven de facer público o palmarés final da oitava edición dos premios de música folk que patrocina. O álbum Diacronías (Falcatruada, 2008) do trío Lizgairo formado por Anxo Pintos, Rodrigo Romaní e Xosé Liz acadou este ano o máximo recoñecemento en base á puntuación outorgada polos sete críticos musicais que formaban o xurado. O disco é o primeiro desta formación malia que os seus tres compoñentes son músicos de longa e consolidada traxectoria na escena folk a través de grupos como Milladoiro, Berrogüetto, Entre Trastes ou Sonde Seu, algúns deles anteriores gañadores deste premio. A só un voto deles quedou o disco Eterno navegar (Harmonia Mundi, 2008) de Uxía e algo por atrás quedou A quinta das lágrimas (PAI, 2008) de Milladoiro.

AUDIO | ENTREVISTA
Anxo Lois Pintos explica como naceu o proxecto
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Sete xastres
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Esvarante
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Xotas de Poio e Acevedo