Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A proposta de jazz fusión Organic Collective presenta o seu primeiro disco

MARCOS PIN E CARLOS LóPEZ LIDERAN O PROXECTO

A proposta de jazz fusión Organic Collective presenta o seu primeiro disco

JAZZ/BLUES | xaneiro 21, 2009

not_13885.jpg

Marcos Pin (guitarra) e Carlos López (batería) son dous coñecidos músicos que participan en diferentes formacións de jazz e que agora xúntanse no proxecto de fusión Organic Collective, na que están acompañados por Pablo Castaño (saxo) e Juan Galiardo (piano, rhodes e hammond). A formación ven de presentar hoxe na sede da SGAE en Santiago – ARTeria Noroeste- o seu primeiro álbum Maybe in other life, editado polo selo independente Audia Records. O disco contén nove temas orixinais compostos polo lugués Marcos Pin, salvo unha peza composta por Juan Galiardo e outra por Carlos López.

datos do disco