Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Disco de ouro para os nigraneses Ragdog con un só tema

A SúA CANCIóN NADA MáS SUPEROU AS DEZ MIL DESCARGAS DE PAGO

Disco de ouro para os nigraneses Ragdog con un só tema

ROCK | xaneiro 19, 2009

imaxe non dispoñible

Más de dez mil descargas para teléfonos móbiles da súa canción Nada más fixeron posible que o grupo de Nigrán Ragdog conseguise un Disco de ouro sen ter editado o seu traballo en disco tanxible ningún. A banda, formada na localidade pontevedresa no ano 2002 obtivo este recoñecemento auspiciada polo selo dixital Espacio Movistar, da man do cal tamén actuou no Rock in Río, o Summercase e recentemente viaxaron a Colombia a promover o seu traballo segundo asegura o xornal La Voz de Galicia. Ragdog está formado por Álex Lores, Pablo García, Alberto Leyenda e Juanma Treinta e anteriormente actuaron como banda de acompañamento de Amaro Ferreiro. O seu álbum en liña ten once cancións e agora comezan a promoción do seu tema Donde estabas.

VIDEO | Nada más