Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Co seu segundo disco Catpeople quere desembarcar na escena internacional

A BANDA COMPOSTA POR GALEGOS AFINCADOS EN BARCELONA DEDICA UN TEMA A VIGO

Co seu segundo disco Catpeople quere desembarcar na escena internacional

ROCK | novembro 6, 2008

not_13406.jpg

O luns, 10 de novembro, sairá ao mercado o segundo disco dos vigueses Catpeople. A banda, afincada en Barcelona, ofrece en What´s the time Mr. Wolf? doce temas nos que melloran e confirman o seu son propio sen rexeitar as súas referencias da new wave e traballando máis o resultado final de cada canción. Como xa sucedera no seu anterior álbum Reel #1 (Pupilo Records, 2006) a banda gravou en inglés todos o temas, un deles con mención á súa cidade, Stumble in Vigo, o proceso levouse a cabo nos estudios Blind Records a finais do pasado 2007. O disco está editado por PIAS Spain e a súa promoción en directo comezará nunha xira por tres cidades francesas de acordo cun dos principais obxectivos do grupo, que é exportar o disco por outros países.

VIDEO | Sister
datos do disco