Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mandeo Records ofrece o seu estudo de balde aos artistas betanceiros
Mandeo Records ofrece o seu estudo de balde aos artistas betanceiros
xuño 2, 2008
O estudos de gravación Mandeo Records, de Betanzos poñen a andar un proxecto polo cal se ofrecen a gravar de balde e editar un disco recompilatorio con todos os grupos e solistas da súa cidade, que despois se distribuirá nas tendas, Fnac e El Corte Inglés. Mandeo Records incorporará a todos os artistas ao seu catálogo intentando así apoiar e dar saída a grupos e solistas da vila que aínda non dispuxeron desta oportunidade de fixar o seu traballo nunha gravación profesional. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 15 de xullo e os interesados deben mandar un correo electrónico a Mandeo Records.