Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra
Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra
maio 14, 2008
A Deputación de Pontevedra presentou esta semana o primeiro disco dunha nova liña editorial dedicada á difusión do patrimonio sonoro do seu Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. “Pontevedra en Música” é o título do CD que, realizado en colaboración con Edicións Do Cumio, recolle una selección de diferentes agrupacións e estilos da música tradicional. Gaiteiros solistas, grupos de gaitas, bandas de gaitas, pandereiteiras, grupos de música tradicional, grupos de música folk, masas corais, bandas de música e canción galega está presentes neste CD. Nomes como os de Iván Costa, Óscar Ibáñez, Os Alegres, Xistra de Coruxo, Ardentía Pai da cana, O Fiadeiro, Crema de Gaita, Liorna, Coral Casablanca ou a Banda Artística de Merza entre outros representan á musica da provincia nas 22 pezas deste volume.