Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Siniestro Total celebra vodas de prata nun disco con toda a súa traxectoria
Siniestro Total celebra vodas de prata nun disco con toda a súa traxectoria
abril 2, 2008
Un duplo CD e un DVD recompilan os vintecinco anos de existencia dunha das formacións musicais máis emblemáticas do rock, que ademais segue en activo, aínda que con numerosos cambios. Coa saída hoxe á venda de “Que parezca un accidente”, Siniestro Total ofrece un repaso de toda a súa traxectoria desde que o 27 de decembro de 1981 saltaron a un escenario ata o presente. Con dezaseis discos editados e unha constante presenza na primeira fila musical do país, o grupo de Vigo, reparte agora nestes dous discos 27 cancións que os representan, ademais do engadido DVD co documental “Que parezca un accidente”, dirixido por Mikel Clemente que recolle imaxes de actuacións con son directo, entrevistas, momentos escollidos das xiras, das gravacións dos seus discos en estudio e rodaxes de videoclips. Coincidindo coa saída do disco comezan tamén, en Madrid, cunha xira de concertos.
Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 8/ 2008 | Primeira canción e videoclip do disco en solitario co que Miguel Costas volve a escena musical
- 29/ 12/ 2006 | Siniestro Total celebra as súas vodas de prata cun concerto de homenaxe á movida viguesa
- 21/ 5/ 2006 | Brath celebra as súas vodas de prata cun novo disco e anuncia outro para o outono
- 20/ 11/ 2002 | Transportes Hernández y Sanjurjo, grupo composto por membros dos Diplomáticos e de Siniestro Total, lanza o seu primeiro disco
- 29/ 8/ 2002 | Á través das conversas con Julián Hernandez un libro retrata os vinte anos de vida de Siniestro Total