Volve o blues en galego no novo disco de Víctor Aneiros
febreiro 21, 2008
O bluesman Víctor Aneiros e a súa banda comezan este venres 22 e sábado 23 na sala B-Flat en Matosinhos (Portugal) a xira de presentación do seu novo traballo “Heroe secreto”. O disco, editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak, é o cuarto na traxectoria do grupo liderado polo guitarrista e cantante ferrolán. Como xa fixera no seu anterior traballo Aneiros volve cantar blues en galego. No disco, as letras do ferrolán conviven con outras de autores clásicos, como Rosalía de Castro (Soia), e contemporáneos, como o eumés Ramiro Fonte (Na barra). Para presentar estas e outras cancións, a Aneiros, sobre o escenario, acompañaranlle os seus músicos de sempre: Xacobe Martínez (contrabaixo), Manolo Gutiérrez (piano) e Marcos Sánchez (batería). A presentación en terras galegas do disco será na sala Breogain de Vigo o vindeiro 29 de febreiro.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 11/ 2023 | Martins Aneiros Band debuta con Rain
- 20/ 11/ 2017 | Víctor Aneiros cambia de ritmo e idioma no seu oitavo álbum
- 30/ 6/ 2014 | Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo
- 17/ 10/ 2013 | O Festival de Blues de Ourense cumpre dez anos
- 22/ 1/ 2013 | O concello de Santiago agrupa a programación de Blues nun ciclo propio