Phantom Club presentan o seu disco co que inician xira en xaneiro
decembro 28, 2007
A derradeira presentación discográfica do 2007 corre a cargo dos vigueses Phantom Club co seu EP “Funksiona!”. O disco, de produción independente, esta editado no selo Elisong Producciones e gravado nos Estudios Océano de Vigo. “Funksiona!” preséntase este venres 28 ás 12 horas no Hotel NH de Vigo e á noite cun concerto aberto na sala La Fábrica de Chocolate Club. Sete temas de rock e funk enchen este EP do que se distribuirán 2000 copias e que conta coas colaboracións de outros músicos alleos á banda como Javier Vargas, que estará na presentación, o arxentino Claudio Gabis e o rapeiro californiano Keyd, de Snoop Dog. Phantom Club formouse en 2002 e os músicos que integran a banda teñen as súas raíces en Tui, Vigo e Buenos Aires. O grupo comezará a súa xira de presentación no mes de xaneiro por Portugal volvendo en febreiro a terras galegas e continuando polo resto do Estado. A xira rematará en novembro en Buenos Aires.
Máis información en Phantom Club
Tamén che pode interesar:
- 21/ 3/ 2017 | Escuchando Elefantes presenta o seu terceiro disco 'Hope'
- 19/ 3/ 2013 | The Cornelius presentan Walking in Circles en Ourense
- 31/ 7/ 2012 | Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous
- 23/ 12/ 2008 | O premio Maketón ao mellor disco vigués vai para o Upskirts de The Blows
- 24/ 4/ 2008 | Berrogüetto e Malvela exportan concertos para os dous hemisferios de América