Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Xunta gastará ata sesenta mil euros en gaitas para enviar ás organizacións de emigrantes galegos

AS GAITAS VIAXEIRAS

A Xunta gastará ata sesenta mil euros en gaitas para enviar ás organizacións de emigrantes galegos

FOLK | xullo 13, 2007

imaxe non dispoñible

Ata o venres da semana que ven teñen todos os fabricantes de gaitas para presentar á Xunta as súas ofertas para o subministro de 55 gaitas. O Diario Oficial de Galicia de onte, xoves 13 de xullo, anuncia o concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha subministración de 55 gaitas tradicionais galegas pola Secretaría Xeral de Emigración. A adquisición ten un orzamento base de 60.000 euros, o que suporía un máximo de 1.091 euros por gaita e todas deberán entregarse antes do 30 de novembro deste ano.. Segundo informa La Voz de Galicia estes instrumentos están destinados como agasallos ás organizacións de emigrantes galegos no exterior para fomentar entre elas a querenza á nosa música.

Máis información en La Voz de Galicia