Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Crema de Gaita presenta o seu primeiro disco no selo VIR de Ouvirmos
Crema de Gaita presenta o seu primeiro disco no selo VIR de Ouvirmos
xuño 21, 2007
Na mesma semana en que confirmou a súa presenza no Festival de Ortigueira, o grupo vigués Crema de Gaita o seu primeiro disco “TanGalego” (Ouvirmos). Editado no selo VIR, que Ouvirmos reserva para novos creadores, este disco presenta quince temas nos que a formación folk achégase a ritmos latinos e versións de música tradicional, buscando amosar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita como instrumento versátil. A formación leva existindo desde 1994 e Ernesto Campos, membro da banda e compositor das pezas ten composto temas para Carlos Núñez, Budiño ou Susana Seivane. O disco conta tamén con colaboracións de outros músicos como Kin García, Marcos Valcárcel, Ioana Pérez e a Banda de Gaitas Xarabal. O CD contén unha pista de datos coas partituras dos temas e un karaoke para voz e gaita.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2023 | Boroa presenta un traballo de experimentación arredor da gaita
- 15/ 5/ 2017 | Xulio Lorenzo presenta o seu primeiro traballo en solitario 'Cantos da ialma'
- 22/ 1/ 2016 | Efraím Díaz reivindica o pito pastoral galego cun disco
- 11/ 11/ 2013 | Ouvirmos edita o primeiro disco de violín contemporáneo
- 14/ 12/ 2012 | Ouvirmos presenta Guitarra Clásica Galega