Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
27/30 Vicente Blanco
A obra de Vicente Blanco (Santiago de Compostela, 1974) preséntase como unha das de maior proxección fóra de Galicia; unha traxectoria que vén de recoñecerse ao estar seleccionado no proxecto de 16 artistas actuais comisariado por María de Corral con motivo do 25 aniversario de ARCO e que respalda a mostra realizada no 2004 no Espacio UNO do Reina Sofía. Participou na Bienal de Arte de Pontevedra, tivo individuais no CGAC, no Torrente Ballester, nas galerías Marisa Marimón e Sargadelos, ademais das colectivas “Novos Camiñantes” e “Figuracións desde Galicia”. Ata maio podemos ver os seus traballos na colectiva Urbanitas do MARCO, e inaugura en marzo unha mostra en Hangart7 en Saltzburgo.
vicente_blanco.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. Os teus traballos, nestes últimos anos, vense acentuados polo ámbito da ficción como elemento narrativo. ¿Cales pensas que son as claves que poden definir a túa traxectoria?

Interésame como se constrúe a narración. Nos meus traballos utilizo diferentes soportes como vídeo, murais, debuxos, etc. que actúan como anacos de información que poden ser activados polo espectador.

Nos últimos anos veño traballando con vídeos de animación. Utilizo a animación como medio, presentando anacos dunha narración protagonizada por xoves adolescentes. A adolescencia é ese momento onde deixamos atrás o imaxinario infantil para enfrontarnos as convencións dos adultos, de aí que se dean cruzamentos entre realidade e ficción. Nas miñas animacións trato de que xurdan eses cruzamentos. Por exemplo, no meu último proxecto partín da arquitectura comunista do Kino International, un edificio no Berlín leste que está baixo unha política de imaxe que impide que sexa fotografado ou gravado en vídeo. Utilicei a animación para ir recreando os interiores a partir das imaxes que ía atopando en libros ou postais e ao mesmo tempo engadindo elementos inventados, ou sacados doutros contextos.

Búmerang2. Sobresae o factor exterior, a ollada contaminada desde o social, pero sobre todo da escenografía e da paisaxe; e todo coa pluralidade de formatos, desde o debuxo, o vídeo ou a impresión dixital.

Como dicía antes, interésame fragmentar a narración en diferentes medios e soportes. Por iso traballo en base a proxectos, onde cada elemento constitúe un fragmento de información que se pode relacionar cos demais. O “factor exterior” do que falas podo entendelo como un cuestionamiento da realidade, xa que para min a arte propón unha mirada sobre as cousas que nos faga reformular o mundo no que vivimos. Desde este cuestionamento será posible a construción de novos significados dentro da nosa cultura que amosen diferentes posibilidades de entender e construír a vida.

Búmerang3. Gustaríame coñecer cales son os puntos, os fíos, de afinidade da túa obra con outros autores, con outras tendencias. ¿Cales consideras que son as túas referencias estilísticas?

Éme difícil falar dun artista ou tendencia concreta, xa que me gusta coñecer o que se está facendo en diferentes ámbitos. Agora, por exemplo, estou bastante interesado na animación rusa e nas escolas de animación canadenses, hai unha serie de filmes que se fixeron nos anos 60 que me resultan moi interesantes tanto dende o punto de vista estético como ideolóxico. Estou recompilando moita información sobre iso pero non sei ata que punto será unha referencia nos meus próximos traballos.

Búmerang4. Desde a túa experiencia, ¿como advirtes a relación da arte galega co exterior, e máis concretamente, co contexto inmediato?

A situación da arte galega no exterior non existe, pero ocorre o mesmo coa arte do resto de España: non hai presenza de ningún artista español no panorama internacional, e as escasas excepcións, como pode ser Santiago Sierra, fixeron a súa carreira noutro país.

Creo que isto debería facernos reflexionar sobre o que está pasando. Na miña opinión os críticos e as institucións deberían establecer relacións de intercambio co exterior e apostar por propostas coherentes, con criterios claros. Ao final é todo moi endogámico, os comisarios están moi vinculados ás galerías e o resultado é moi conservador.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Veño de presentar un proxecto en ARCO, en 16 propostas de arte español, e a continuación, para mediados de marzo teño unha exposición en Hangart7 en Saltzburgo. Levo traballando bastante tempo nestes proxectos, así que antes de formular un proxecto novo para facer, gustaríame dispoñer de tempo para poder reflexionar cun pouco de distancia sobre estes traballos. Xa que os proxectos van xurdindo en función dos traballos anteriores. Máis que un proxecto en concreto gustaríame seguir traballando e ter oportunidade de explorar diferentes medios. Sempre me gustou a literatura infantil, non sei, quizais escribir un libro para nenos.

Ligazóns:
Exposición no MNCA Reina Sofía

Crítica

CGAC

Colección MUSAC



Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org

Slot Terbaru