Colaboradores
  Búmerang
Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Léns
1/30 Carme Nogueira
A obra de Carme Nogueira (Vigo, 1970) persiste como unha das autoras mellor valoradas entre a nova xeración de creadores galegos. Participante en exposicións tan representativas como “30 anos no 2000”, a VIII Fotobienal ou a XXVI Bienal de Arte de Pontevedra, o seu presente concrétase na inesquecible mostra da galería Ad hoc de Vigo, na colectiva “Adosados” que ata marzo poderemos ver na Fundación Granell e na recente adquisición na pasada edición de ARCO da súa instalación “Refuxio” para incluíla na colección CGAC.
carmenogueira_adhoc.jpg
preme na imaxe para ampliala

Búmeran é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.


anteriores búmerang
30/30 Diego Santomé
29/30 Chiu Longina
28/30 Almudena Fernández
27/30 Vicente Blanco
26/30 Álvaro Negro
25/30 Pablo Orza
24/30 Victoria Diehl
23/30 Berio Molina
22/30 Salvador Cidrás
21/30 Isaac Cordal
20/30 Irene González
19/30 Patricia Dopico
18/30 Pablo Pérez Sanmartín
17/30 Iván Prieto
16/30 Amaya González
15/30 Rubén Santiago
14/30 Arturo Fuentes
13/30 Jorge Perianes
12/30 Maribel Castro
11/30 Fran Herbello
10/30 Santi Jiménez
9/30 Jano
8/30 Rubén Ramos Balsa
7/30 Félix Fernández
6/30 Suso Fandiño
5/30 Antón Cabaleiro
4/30 Mónica Alonso
3/30 Antía Moure
2/30 Carlos Maciá
1/30 Carme Nogueira

Búmerang1. O teu traballo vén presentando unha progresión de encauzamento nos terreos da instalación, as discusións de xénero, así como a producción de escenarios e situacións concretas. Direccións nas que te sintes reflictida.

As discusións de xénero na miña obra non as considero temáticas senon substanciais, como un coñecemento do meu medio e de min mesma sen o que imposible facer cousas. Por outra parte, a instalación tamén é algo “natural” pola miña preocupación, de sempre, do papel do espectador, da miña intención de implicalo nunha experiencia que non só é física, senon que quere ser tamén temporal, de tempo vivido.

Búmerang2. Vés de presentar a túa proposta na galería Ad hoc de Vigo. O refuxio, como foi antes o corpo ou elemento estraño, servía de metáfora dunha certa in-corporación. Sempre unha implicación do corpo.

Sí, non só o meu corpo como medida das cousas, senon como unha implicación co espectador, con esa intención que dicía antes de provocar (ou rememorar) experiencias cotidianas.

Búmerang3. ¿Con que autores te sintes máis identificada?

As identificacións van cambiando de intensidade co tempo, pero sempre me sentín moi próxima á forma de entender o corpo de Chantal Akerman (que aínda que é unha cineasta, comparte unha mirada sobre as cousas, que penso se fai máis evidente se pensamos nos meus visores, por exemplo). Outros dos meus totems son Jeff Wall e Dan Graham, que son referentes básicos, renovadores e clarividentes no seu entendemento da “representación” e o espazo. Xustamente neses aspectos incidía na miña tese, que para min foi máis que un traballo teórico, unha forma de profundizar na práctica.
Por pensar en xente máis “nova”, interésanme moito as intervencións de Santiago Cirugeda (posiblemente fagamos algo xuntos para Adhoc na seguinte tempada).


Búmerang4. ¿Gústache a etiqueta identificativa de nova xeración? ¿Como observas esta realidade de sorte de colectivo ou grupo en Galicia?

Penso que as etiquetas son necesarias, pero sempre, ou case sempre, veñen a posteriori. No termo de “nova” xeración parece darse a idea negativa de oposición ó “vello”, co que non estou de todo dacordo, sobre todo porque habitualmente asóciase novo á idade, e moitas veces non ten nada que ver.
En canto a si observo un grupo ou colectivo en Galicia, teño que dicir que non claramente, pero que sería bo, quizais falte un aglutinador (quizais sexa porque falo dende a miña experiencia), pero observo que a idea de colectivo ou grupo (aínda que dun xeito bastante aberto) sí funciona positivamente en sitios coma euskadi.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Agora mesmo o que máis me interesa é poder intervir nun espazo, especialmente un espazo connotado (público ou con uso público) e, sobre todo, poder facer unha publicación. Interésame moito poñer en relación cuestións estéticas con cuestións teóricas, nas que estou a traballar. De feito, en todos os meus traballos sempre intento facer unha extensión gráfica que complete o exposto. Na intervención en Adhoc, por exemplo, publicóuse un folleto/cartel que engade matices importantes para o concepto da exposición.

Ligazóns:
Chantal Akerman
Jell Wall
Santiago Cirugeda
Dan Graham
Galería Adhoc


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org

Slot Terbaru