» banda deseñada »  publicación
Os cinco loitadores (2 tomos)
2009 | Álbum

 

Benvidos a Los Ángeles, a cidade dos repudiados, lar de personaxes variopintas, desde unha banda de lobishomes que se adican a roubar radios ata un imitador de Elvis anano cun aquel de supervilán. Aí é onde entran en acción Red Demon, Dr. Pantera, King Karateka, Diaño Tolo e O Gladiador. Son os xusticeiros enmascarados dispostos a salvar a cidade de todas as ameazas. Mais... son a solución ou parte do problema?
Serie derivada da editada por Glénat en castelán baixo o título Lucha Libre. Os autores son os mesmos, o guionista Jerry Frissen e o debuxante Bill. Deseño de Gochi. Corrección lingüística de María Otero Porta. O volume 1 (2009) chámase A cidade dos repudiados e o 2 (2011) Pelexa na praia.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2009
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade 
Depósito legal: C 2367-2009 (vol.1), C 682-2011 (vol.2)
ISBN: 84-935904-2-0 (vol.1), 84-935904-7-5 (vol.2)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica, cosidos fío vexetal e retractilados individualmente. Papel estucado mate branco de 170 gr, cuberta de cartulina gráfica “invercote G” branca de 300 gr, con lapelas de 7 cm impresas a 4/1 tintas. Cuberta plastificada mate e verniz UVI (20 cms2) unha cara., 24 x 17 cm, 48-64 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 10 euros
Tiraxe: para o nº1 1000 exemplares e para o nº2 igualmente 1000 exemplares
Distribución:
Entidade: Asociación Cerditos de Guinea Comics,

  Noticias relacionadas

Cerditos de Guinea publica o segundo volume de Os cinco loitadores
Publicado o 25 / 5 / 2011
Pelexa na praia continúa a versión galega desta serie
Saen este mes Superlópez e Spirou en galego
Publicado o 22 / 6 / 2010
Cerditos de Guinea tamén prepara o segundo volume de "Os Cinco Loitadores"
Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
Desiguais novidades das editoriais galegas no salón da banda deseñada da Coruña
Publicado o 10 / 8 / 2009
O encontro abre hoxe as súas portas
Selos galegos apostan pola BD francobelga
Publicado o 30 / 7 / 2009
A oferta inclúe aventuras e obras didácticas
A serie de BD Gárgolas sairá en galego
Publicado o 12 / 6 / 2009
Esta é a segunda publicación francesa de Cerditos de Guinea Cómics
Cerditos de Guinea lánzase á edición de álbums franceses
Publicado o 11 / 6 / 2009
Os cinco loitadores é o primeiro proxecto que sairá á luz

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org