Benvidos a Los Ángeles, a cidade dos repudiados, lar de personaxes variopintas, desde unha banda de lobishomes que se adican a roubar radios ata un imitador de Elvis anano cun aquel de supervilán. Aí é onde entran en acción Red Demon, Dr. Pantera, King Karateka, Diaño Tolo e O Gladiador. Son os xusticeiros enmascarados dispostos a salvar a cidade de todas as ameazas. Mais... son a solución ou parte do problema?
Serie derivada da editada por Glénat en castelán baixo o título Lucha Libre. Os autores son os mesmos, o guionista Jerry Frissen e o debuxante Bill. Deseño de Gochi. Corrección lingüística de María Otero Porta. O volume 1 (2009) chámase
A cidade dos repudiados e o 2 (2011)
Pelexa na praia.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2009
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade
Depósito legal: C 2367-2009 (vol.1), C 682-2011 (vol.2)
ISBN: 84-935904-2-0 (vol.1), 84-935904-7-5 (vol.2)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica, cosidos fío vexetal e retractilados individualmente. Papel estucado mate branco de 170 gr, cuberta de cartulina gráfica “invercote G” branca de 300 gr, con lapelas de 7 cm impresas a 4/1 tintas. Cuberta plastificada mate e verniz UVI (20 cms2) unha cara., 24 x 17 cm, 48-64 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 10 euros
Tiraxe: para o nº1 1000 exemplares e para o nº2 igualmente 1000 exemplares
Distribución:
Entidade:
Asociación Cerditos de Guinea Comics,
Noticias relacionadas